Suche

Wo soll gesucht werden?
Erweiterte Literatursuche

Ariadne Pfad:

Inhalt

Literaturnachweis - Detailanzeige

 
Autor/UrheberVázquez-Rodríguez, Ana; García-Álvarez, Jesús; Sotelino-Losada, Alexandre
InstitutionUniversidade da Coruña, Servizo de Publicacións
TitelNon formal education and youth labour insertion ; Educación no formal e inserción laboral de la juventud.
QuelleIn: Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación; Vol. Extr., núm. 07 (2015); 050-054 ; 2386-7418 ; 10.17979/reipe.2015.0.07(2015)
PDF als Volltext kostenfreie Datei
Sprachespanisch
Dokumenttyponline; Zeitschriftenaufsatz
DOI10.17979/reipe.2015.0.07.568
Schlagwörternon-formal education; employment opportunities; competence; youth employment; educación non formal; oportunidades de emprego; competencia; emprego xuvenil
AbstractThe aim of this project is the analysis of the strategic scope of the formation of human and social capital that involves the participation in non-formal education, considering the contributions that such participation links with the employability improvement in current society. For this purpose, we focus on the detailed analysis of the development of transversal competences that involve the participation in non-formal activities', considering them as important to improve the employability and social inclusion of the youth in Galicia, a context indicated in the recognition and accreditation of non-formal learning. ; Neste traballo pretendemos analizar o alcance estratéxico da formación do capital humano e social (aptitudes, destrezas, competencias, patróns de conduta relacional, disposicións cooperativas.) que implica a participación en actividades de educación non formal, considerando os achádegos que vinculan tal participación con indicadores de empregabilidade na sociedade actual. Dende esta perspectiva, partindo da necesidade que supón innegablemente unha educación ao longo de toda a vida, a educación non formal atopa todo o seu sentido no desenvolvemento de coñecementos, habilidades interpersoais e actitudes senlleiras para a xuventude; sendo competencias cuxos efectos inciden nunha mellora palpable da súa inserción laboral e que supoñen unha implicación permanente dos mozos e mozas nas súas contornas, promovendo condutas prosociais, de compromiso social e de vinculación coa comunidade. Competencias que, de maneira propia, resultan primarias nunha crise económica onde a presenza do desemprego é excesivamente elevada, sobre todo se temos en conta as taxas eminentes de paro dentro do colectivo das persoas xoves que, no contexto español, no primeiro trimestre do ano 2015 se sitúan por encima do 51% nos menores de 25 anos. Así, na actualidade, a mocidade atópase nunha verdadeira encrucillada onde os coñecementos adquiridos pola educación formal xa non son unha condición exclusiva para a busca de emprego, debendo estar adheridos a prácticas como as que a que alberga a educación non formal tanto no desenvolvemento de competencias, como na posta en marcha de experiencias gratificantes en diferentes ámbitos de interese dos mozos e mozas que vense claramente vinculadas coas súas expectativas e disposicións persoais. Neste contexto, son destacables as múltiples contribucións que, dende distintas institucións e autorías a nivel internacional (UNESCO, Comisión Europea), están a reclamar a necesidade de articular mecanismos que permitan identificar as competencias que se desenvolven a través da participación en programas de educación non formal, de maneira que se estipule unha avaliación específica das competencias desenvolvidas e se mellore a transición cara ao emprego e o emprendemento dos mozos e mozas. Finalidade, que é apoiada continuamente mediante o discurso destas institucións, instando a todas as comunidades ao recoñecemento, de maneira sistemática, da participación en actividades de educación non formal, promovendo mecanismos de validación e de certificación de ditas competencias coa intención de mellorar a inserción laboral dos xoves. Finalmente, dende unha visión máis pormenorizada do recoñecemento da educación non formal no contexto da Comunidade Autónoma de Galicia, nos deteremos tanto na importancia da certificación das competencias recentemente asumida dende a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado no ámbito galego, como na análise dun dos programas dirixidos á xuventude galega, esencial na perfección de habilidades cara o emprendemento dos mozos e mozas: o Programa Iniciativa Xove.
Erfasst vonBASE - Bielefeld Academic Search Engine
Trefferlisten Einstellungen

Permalink als QR-Code

Permalink als QR-Code

Inhalt auf sozialen Plattformen teilen (nur vorhanden, wenn Javascript eingeschaltet ist)

Teile diese Seite: